VI Premio Profesor Juan Ramón Zaragoza
A Sociedad Española de Medicina Estética (SEME) convoca a sexta edición do certame de xornalismo “Profesor Juan Ramón Zaragoza”, que premia con 1.500 euros o mellor traballo xornalístico plasmado en prensa, radio e televisión, incluídos os medios dixitais, e publicado en español, que mellor contribuíse, a xuízo do xurado, á difusión, coñecemento e transmisión á sociedade dos valores da medicina estética e os seus profesionais.
Os traballos, que deberan ter sido publicados ou emitidos ao longo do ano 2025, poden ser presentados por asociacións médicas e sociedades científicas, medios de comunicación. institucións públicas, organizacións non gobernamentais e asociacións de pacientes, ademais de polas persoas interesadas. Ademais do premio, o xurado pode propór a concesión dun accésit de 500 euros.
As candidaturas deben enviarse por correo electrónico á Secretaría do Congreso Nacional da Sociedad Española de Medicina Estética: seme2026@pacifico-meetings.com, indicando no asunto "Premio Profesor Juan Ramón Zaragoza" e incluíndo o currículo do candidato ou candidata, xunto cunha copia dixital do traballo xornalístico. O prazo de presentación das candidaturas finaliza o 6 de febreiro de 2026.
Máis información nas bases do premio.