VI Premio Xornalístico SEC-FEC

Do ao

A Sociedad Española de Cardiología (SEC) e a Fundación Española del Corazón (FEC) poñen en marcha a sexta edición do Premio Xornalístico SEC-FEC co que pretenden recoñecer "o labor dos medios de comunicación españois que contribuíron a promocionar o coñecemento das enfermidades cardiovasculares".

O premio consta de tres categorías (Medios impresos, Medios dixitais e Medios audiovisuales) e conta cunha dotación económica de 2.000 euros por categoría (impostos non incluídos) e un trofeo distintivo. A esta edición poden presentarse todos aqueles traballos sobre cardioloxía e saúde cardiovascular publicados ou emitidos entre o 1 de xuño de 2020 e o 31 de maio de 2021.

A presentación das candidaturas debe realizarse a través da web do premio ata o 29 de setembro de 2021. 

Máis información nas bases do premio