VI Premios Lilí Álvarez
Do ao
Información de contacto:
O Instituto das Mulleres, en colaboración co Consello Superior de Deportes (CSD) convoca a quinta edición dos Premios “Lilí Álvarez” para destacar os traballos xornalísticos que mellor contribuíran á difusión e defensa da igualdade entre mulleres e homes no ámbito deportivo e a visibilizar o deporte feminino en España.
Poderán participar persoas físicas que exerzan habitualmente o xornalismo, con nacionalidade española ou residentes en España e con 18 años cumpridos a 1 de xaneiro de 2020. Os traballos deberán ter sido publicados entre o 1 de xaneiro de 2020 e 23 de xullo de 2022, e poderán estar realizados tanto en castelán como en calquera das linguas cooficiais do Estado.
Estabelécense catro categorías: traballos xornalísticos de texto, de gráfica, de radio ou audiovisuais, cunha dotación de 5.000 euros en cada unha das categorías.
As candidaturas poden presentarse até as 15:00 horas do 23 de xullo de 2022 no Rexistro Xeral do Instituto das Mulleres (C/ Condesa de Venadito nº 34, 28027-Madrid), en calquera das oficinas e rexistros aos que fai referencia o punto 4 do artigo 16 da Lei 39/15, dirixidas ao Rexistro Xeral do IMIO, indicando no sobre ‘Premio “Lilí Alvarez”, a través do formulario dispoñíbel na web de Igualdade ou no Rexistro Electrónico común da Administración Xeral do Estado.
Máis información nas bases do premio.