VI Premios 'Papageno' de Xornalismo Responsábel en Prevención do Suicidio
A Asociación de Profesionais en Prevención e Postvención do Suicidio Papageno convoca a sexta edición do premio #PeriodismoResponsable, co obxectivo de distinguir os mellores traballos que visibilicen a problemática do suicidio e axuden a salvar vidas.
Podrán presentarse ao premio todos os traballos xornalísticos difundidos en español en medios de comunicación de España publicados en soporte de papel, dixital, radiofónico ou televisivo. O premio está dividido en tres categorías: nacional, audiovisual e local (pezas publicadas en papel ou dixital cun enfoque local), ademais dun premio especial á candidatura que considere máis completa. As persoas gañadoras recibirán 250 euros e un diploma conmemorativo.
As publicacións poden tratar o suicidio desde calquera das súas múltiples perspectivas, con traballos publicados entre o 1 de xullo de 2025 e o 30 de xuño de 2026. As persoas interesadas terán que enviar os traballos ao correo electrónico periodismoresponsable@papageno.es ata o 22 de setembro de 2026.
Máis información aquí.