VII Premio Antonio Moreno Espejo de xornalismo
Do ao
Información de contacto:
Dirección de Comunicación CNMV
91 5851530
comunicacion@cnmv.es
www.cnmv.es
A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) convocou a séptima edición do Premio Antonio Moreno Espejo de xornalismo co que pretende recoñecer aqueles "traballos xornalísticos que destaquen polo fomento da integridade e transparencia do mercado de valores, así como a tutela dos intereses dos inversores".
Poderá presentarse ao premio calquera traballo xornalístico publicado nos medios españois entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023, en calquera das linguas oficiais. O galardón conta cunha dotación de 15.000 euros.
Os traballos serán seleccionados por un xurado composto por entre tres e cinco persoas e presidido por un membro do Consello da CNMV, e poden ser presentados por propia iniciativa ou a proposta de calquera persoa ou entidade. Os profesionais que queiran optar ao premio poden presentar os seus traballos até o 31 de decembro deste ano enviándoos a comunicacion@cnmv.es. O fallo farase público durante o primeiro trimestre de 2024.
Máis información aquí.