VII Premios de Xornalismo contra a Violencia de Xénero

Do ao

Información de contacto:

Premio de Periodismo contra la Violencia de Género ‘Fundación Aliados por la Integración’.
premioperiodismo@aliadosporlaintegracion.org

A Fundación Aliados por la Integración convoca os VII Premios de Xornalismo contra a Violencia de Xénero, que teñen como obxectivo recompensar aqueles traballos xornalísticos que contribúan á defensa e difusión dos valores contra esta lacra social.

Estabelécense tres categorías: Medio escrito (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), Radio-Podcast e Televisión, cada unha delas dotada cun importe de 3.000 euros. 

Os traballos deberán ter sido publicados ou difundidos entre o 25 de novembro de 2021 e o 16 de outubro de 2022, e irán acompañados do nome e domicilio do autor, teléfono de contacto, mencionando lugar, data e título da publicación ou emisión e breve currículum profesional.

As candidaturas enviaranse antes do 16 de outubro do 2022 por correo electrónico ao enderezo premioperiodismo@aliadosporlaintegracion.org. Só poderá presentarse un traballo por autor.

Máis información nas bases do premio