VIII Concurso Mundial de Medios de Comunicación sobre la Migración Laboral

Do ao

A Organización Internacional do Traballo (OIT) lanza unha nova edición do seu Concurso Mundial de Medios de Comunicación co obxectivo de dar recoñecemento ás reportaxes equitativas e equilibradas que contribúen á eliminación da xenofobia e a discriminación contra os traballadores migrantes.

O concurso está aberto a xornalistas profesionais e estudantes, cuxas propostas serán avaliadas por un panel de expertos en xornalismos e migración internacional. Acéptase a presentación de traballos en calquera idioma, pero debe incluirse unha tradución ao inglés, francés ou español. No caso dos premios para xornalistas, os traballos deben ter sido publicados entre o 31 de outubre de 2022 e o 31 de octubre de 2023. Os estudantes poden presentar traballos inéditos.

O concurso outorgará tres premios a xornalistas profesionais e un premio a estudantes. Os gañadores poderán elixir entre un premio en efectivo de 1.200 dólares na categoría profesional e de 500 dólares na categoría de estudantes, ou unha bolsa remunerada para participar nun curso de capacitación en liña no Centro de Internacional Formación de Turín da OIT  (CIF-OIT) sobre contratación equitativa ou migración laboral en 2023.

As persoas interesadas poden presentar os seus traballos a través do formulario en liña até as 23:59 horas do 31 de outubro de 2023. Os gañadores falanse públicos no mes de decembro, para celebrar o Día Internacional do Migrante.

Máis información nas bases do premio.