VIII Premio de Xornalismo 'Foro Transfiere'

Do ao

Transfiere, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, convoca o VIII Premio de Periodismo de Apoyo a la Comunicación Científica, Tecnológica e Innovadora, co obxectivo de poñer en valor o labor que realizan xornalistas e divulgadores para dar a coñecer a innovación tecnolóxica desenvolvida en España e a súa converxencia a nivel internacional.

Os proxectos presentados ao galardón deberán ter sido publicados en prensa escrita, radio, televisión e/ou medios dixitales no transcurso de 2022, en español ou inglés, e a súa temática debe tratar a innovación tecnolóxica no ámbito dos sectores estratéxicos arredor dos que xira o Foro: Administracións Públicas, Aeronáutico e aeroespacial, Agroalimentario, Agrupacións empresariais innovadoras, Enerxía, Financeiro, Industria, Infraestruturas e transportes, Medio ambiente, Plataformas tecnolóxicas españolas; Sanidade, Servizos e TICs.. Concederase un premio de 3.000 euros en cada categoría, distinguíndose entre traballos audiovisuais e escritos.

Como novidade, nesta oitava edición inclúese no palmarés do Premio do público, unha iniciativa dirixida aos profesionais do xornalismo científico co obxectivo de visibilizar o seu traballo e impacto na sociedade. Este galardón contará con candidaturas postuladas de maneira interna a través do xurado do certame.

Os traballos deben ser presentados antes do 31 de decembro mediante o formulario habilitado na páxina web da convocatoria. Pódese presentar un único traballo por persoa

Máis información nas bases do premio.