VIII Premio Xornalístico Aqualia: “A xestión integral da auga nos municipios”

Do ao

Información de contacto:

Aqualia Gestión Integral del Agua.
Avenida del Camino de Santiago, 40 Las Tablas-Madrid.
Edificio 1 Planta 4ª.
28050 Madrid 

Aqualia convoca a oitava edición do seu premio xornalístico sobre "A xestión integral da auga nos municipios". O premio recoñece aos xornalistas que contribúen a incrementar a cultura da auga como ben escaso e preciado. 

Poderán optar ao premio os traballos publicados entre o 1 de decembro de 2022 e o 30 de novembro de 2023 en medios de comunicación españois e colombianos, en soporte prensa, radio, televisión, impresos e/ou dixitais. O xurado vai outorgar tres galardóns dotados con 2.000 euros para cada unha das categorías (prensa escrita, televisión e radio) e tres mencións especiais de 1.000 euros cada un. 

O prazo de presentación de candidaturas remata o 29 de febreiro de 2024. Os traballos deben remitirse, xunto co formulario de inscrición e indicando "8º Premio de Periodismo Aqualia “La gestión integral del agua en los municipios”" ao seguinte enderezo: Avenida del Camino de Santiago, 40. Edificio 1 Planta 4ª. Las Tablas-Madrid. 28050 Madrid, ou por correo electrónico a comunicacion@aqualia.es.

Máis información nas bases do concurso.