VIII Premios de Xornalismo e Sector Pesqueiro Español
Do ao
Información de contacto:
Confederación Española de Pesca (CEPESCA)
C/ Núñez de Balboa, 49 - 3º izquierda.
Madrid 28001
cepesca@harmon.es
A Confederación Española de Pesca (Cepesca) convocou a oitava edición dos Premios Xornalismo e Sector Pesqueiro Español, unha iniciativa que ten como obxectivo recoñecer o labor dos medios de comunicación e dos profesionais da información na difusión e a mellora do coñecemento da actividade do sector pesqueiro.
O premio recoñece o labor de difusión de medios de comunicación en dúas categorías: "Sector Pesqueiro Español" e "Sustentabilidade e Medio Ambiente na Pesca". Ademais, convócanse tamén tres premios para xornalistas, o Premio Amador Suárez ao Mellor Artigo sobre o Sector Pesqueiro Español, o Premio ao mellor artigo sobre Sustentabilidade e Medio Ambiente na Pesca e o Premio ao mellor artigo sobre o Sector Pesqueiro Español desde Bruxelas, así como un Premio á Mellor Fotografía de Actividade Pesqueira. Poden presentarse traballos xornalísticos publicados entre o 16 de setembro de 2025 e o 15 de setembro de 2026, ambos inclusive, tanto en formato escrito (impresos ou en soporte electrónico) como radiofónico ou audiovisual, en calquera das linguas oficiais do estado español.
Na categoría de xornalistas e fotógrafos, o premio establecido ten unha dotación económica de 1.000 euros e un galardón e, na de medios de comunicación, un galardón honorífico. Os traballos poden enviarse até o 15 de outubro ao enderezo electrónico cepesca@harmon.es.
Máis información nas bases do premio.