VIII Premios Lilí Álvarez de Xornalismo Deportivo

Do ao

Información de contacto:

http://www.inmujeres.gob.es/

http://www.csd.gob.es/

sextaedicionpremioslili@inmujeres.es

O Instituto das Mulleres, en colaboración co Consello Superior de Deportes (CSD) convoca a oitava edición dos Premios “Lilí Álvarez” para destacar os traballos xornalísticos que mellor contribuíran á difusión e defensa da igualdade entre mulleres e homes no ámbito deportivo e a visibilizar o deporte feminino en España.

Poderán participar persoas físicas que exerzan habitualmente o xornalismo, con nacionalidade española ou residentes en España e con 18 años cumpridos a 1 de xaneiro de 2023. Os traballos deberán ter sido publicados entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de finalización do prazo de inscrición de candidaturas, e poderán estar realizados tanto en castelán como en calquera das linguas cooficiais do Estado.

Estabelécense catro categorías: traballos xornalísticos de texto, de gráfica, de radio ou audiovisuais, cunha dotación de 5.000 euros en cada unha das categorías. 

As candidaturas poden presentarse até as 15:00 horas do 23 de xuño de 2025 no Rexistro Xeral do Instituto das Mulleres (C/ Pechuán, nº 1, 28002-Madrid), en calquera das oficinas e rexistros aos que fai referencia o punto 4 do artigo 16 da Lei 39/15, dirixidas ao Rexistro Xeral do Instituto das Mulleres, indicando no sobre ‘Premio “Lilí Alvarez”, ou nas sedes electrónicas do Ministerio de Igualdade ou do Rexistro Electrónico común da Administración Xeral do Estado.

Máis información na web do Instituto das Mulleres