X Premio de Xornalismo en Positivo

Do ao

Información de contacto:

Asociación de Periodistas de Ávila
premioperiodismoenpositivo@gmail.com

A Asociación de Periodistas de Ávila, co patrocinio da fábrica de Nissan en Ávila, convoca o X Premio de Xornalismo en Positivo destinado a premiar o traballo de prensa, radio, televisión ou dixital do 2025 que reflicta mellor os valores positivos relacionados co emprendemento, a cooperación ou o esforzo en calquera ámbito da sociedade (económico, social, cultural...).

Poden participar todas aquelas persoas vinculadas co xornalismo con traballos publicados en medios de comunicación desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2025. O galardón conta cunha dotación económica de 1.000 euros. Existe tamén un segundo premio, coas mesmas características e requisitos, dirixido a traballos xornalísticos publicados en medios de comunicación da provincia de Ávila, cunha dotación de 600 euros

O prazo para a entrega de obras, que deberán enviarse ao correo electrónico premioperiodismoenpositivo@gmail.com, estará aberto até as 23.59 horas del día 20 de setembro.

Máis información nas bases do premio