Xaquín Marín, humor líquido galego

Do ao

Horario: Do 18 de outubro ao 6 de xaneiro, en horario das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas de luns a domingo.

Lugar: Sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia. Avenida do Burgo das Nacións, s/n. 15704 Santiago de Compostela

A sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia en Santiago (Avenida do Burgo das Nacións, s/n) acolle do 18 de outubro até o 6 de xaneiro a mostra Xaquín Marín, humor líquido galego, que percorre e homenaxea a traxectoria do humorista gráfico e pintor.

Comisariada por Xandre Marín, esta exposición recolle unha coidada selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do humorista gráfico, pintor, muralista, caricaturista e artista nado en Fene en 1943. A escolma dunhas 150 viñetas, debuxos e cadros traza un percorrido profesional e vital que nos traslada directamente á historia colectiva recente do país amosando o compromiso inequívoco do creador co pobo galego ao longo destas décadas.

A mostra poderá ser visitada até o 6 de xaneiro no Auditorio, de luns a domingo en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. O acceso é de balde sen necesidade de reserva.

Máis información aquí