XI Premios Xornalísticos da Asociación de Periodistas Agroalimentarios
A Asociación de Periodistas Agroalimentarios convoca a undécima edición dos seus premios xornalísticos, aos que poden optar todos os xornalistas que desenvolvan a súa actividade profesional en medios españois.
Os premios teñen tres categorías: unha xeral, dotada cun primeiro premio de 1.000 euros ao mellor texto con temática sobre a produción (agricultura, gandaría, pesca, insumos…), a industria, o transporte ou a distribución alimentaria; unha de "Froitas e Hortalizas", consistente nun premio de 1.000 euros ao mellor artigo con temática específica de froitas ou hortalizas; e a nova categoría "Innovación", dotada cun premio de 1.000 euros para artigos ou reportaxes xornalísticas cuxa temática xire en torno á aplicación das novas tecnoloxías no sector agrario
Podera presentarse un único traballo xornalístico, columna, artigo, crónica, entrevista, reportaxe, etc. por persoa, difundido en español e que fora publicado en calquera medio de comunicación español entre o 12 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021. Os traballos orixinais, copias da publicación ou artigos en internet -co hipervínculo correspondente-, deberán ser enviados antes do 1 de setembro de 2021 por correo electrónico á seguinte dirección: apae@apae.es.
Máis información nas bases dos premios.