XII Premios de Xornalismo Fundación Grünenthal
Do ao
Información de contacto:
Fundación Grünenthal
Dr. Zamenhof, 36.
28027 Madrid
Fundacion.Grunenthal@grunenthal.com
https://premiosperiodismodolor.com/
A Fundación Grünenthal puxo en marcha a décimo segunda edición dos seus premios de xornalismo, que recoñecen o labor de medios e xornalistas para sensibilizar a sociedade sobre a dor, o seu diagnóstico, evolución e tratamento.
Os galardóns constan de dúas categorías, unha de dor e outra de dor infantil. En cada unha delas hai dúas modalidades, medios escritos e audiovisuais. En cada modalidade outorgarase un primeiro premio de 3.000 euros e un segundo de 1.500.
Poden participar traballos xornalísticos de medios impresos, dixitais, radio ou televisión que teñan como temática principal a dor desde o punto de vista asistencial, social, socioeconómico ou de divulgación. Os traballos teñen que ter sido publicados ou emitidos entre o 27 de outubro de 2020 e o 24 de outubro de 2021, día no que finaliza o prazo para presentar candidaturas. A inscrición pode realizarse a través da web do premio ou por correo postal ao enderezo Fundación Grünenthal. Dr. Zamenhof, 36. 28027 Madrid.
Máis información nas bases do premio.