XIII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional

Do ao

Horario: Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela

Lugar: Mércores desde o 1 de marzo até o 10 de maio, en horario das 16.00 ás 20.00 horas

Información de contacto:

antonio@agareso.org
626 41 95 02 (Antonio Grunfeld)

Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, organiza o o XIII Seminario de Comunicación Social, que terá lugar todos os mércores desde o 1 de marzo até o 10 de maio, en horario das 16.00 ás 20.00 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n).

As persoas relatoras e as temáticas das sesións deste curso 2023 (coa orde das mesmas aínda por confirmar) serán as seguintes: Juan de Sola (Introdución e Radio Comunitaria), Anna Surinyach (Fotografía Social), Lucía Mbomío (Medios de comunicación e Afrodescendencia), Alejandro Quiñoá (A Cooperación ao Desenvolvemento), Llerena Perozo e a Fundación Secretariado Xitano (Feminismo e Xitanofobia), Pepe Naranjo (Xornalismo en África), Roi Guitían e Gael Martins (Vídeo Participativo e LGTBIQ+), Laurea Feal e Mamadou Día (Comunicación en Terreo e Artivismo), Amigos da Terra (Comunicación ambiental), Antonio Grunfeld e Olmo Couto (Audiovisual Comprometido).

O prezo da matrícula é de 120 € na modalidade presencial e 100€ na online. As inscricións poderanse realizar até o 20 de febreiro, escribindo ao correo antonio@agareso.orgO alumnado da USC obterá 2 créditos pola participación no Seminario. Ademais, de maneira gratuíta, dúas das persoas participantes no Seminario poderán realizar unhas prácticas en terreo en Senegal durante unha semana para completar a súa formación. O Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional é unha actividade do proxecto Xeración Contrainfo financiado pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega.

Máis información aquí.