XIV Premios de Xornalismo Fundación Grünenthal

Do ao

Información de contacto:

Fundación Grünenthal 
Dr. Zamenhof, 36.
28027 Madrid
Fundacion.Grunenthal@grunenthal.com​
https://premiosperiodismodolor.com/

A Fundación Grünenthal puxo en marcha a décimo cuarta edición dos seus premios de xornalismo, que recoñecen o labor de medios e xornalistas para sensibilizar a sociedade sobre a dor, o seu diagnóstico, evolución e tratamento.

Os galardóns constan de dúas categorías, unha de dor e outra de dor infantil. En cada unha delas hai dúas modalidades, medios escritos e audiovisuais. En cada modalidade outorgarase un primeiro premio de 3.000 euros e un segundo de 1.500.

Poden participar traballos xornalísticos de medios impresos, dixitais, radio ou televisión que teñan como temática principal a dor desde o punto de vista asistencial, social, socioeconómico ou de divulgación. Os traballos teñen que ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de enero de 2023 e o 31 de diciembre de 2023 en calquera medio de comunicación español, e poden presentarse en castelán ou nalgunha das linguas oficiais do Estado, en cuxo caso debe anexarse tradución ao castelán.

A inscrición pode realizarse até o 3 de xaneiro de 2024 a través da web do premio ou por correo postal ao enderezo Fundación Grünenthal. Dr. Zamenhof, 36. 28027 Madrid.  

Máis información nas bases do premio