XIV Premios La Buena Prensa
Do ao
Información de contacto:
Miguel Ángel Jimeno
txe.majblog@gmail.com
labuenaprensa.blogspot.com.es
Convócase a décimo cuarta edición dos premios xornalísticos La Buena Prensa. O galardón consta de sete categorías: Mellor reportaxe, Mellor entrevista, Mellor fotografía, Mellor crónica, Mellor cobertura dun feito previsto, Mellor cobertura dun feito imprevisto, Mellor serie e Mellor suplemento. O galardón consiste na entrega dun diploma.
Podense presentar aqueles traballos, escritos en castelán, que sexan publicados, en soporte papel ou dixital, en calquera medio de comunicación ao longo do 2024.
Ademais, concederase o Premio José Antonio Vidal-Quadras, que distinguirá o xornalista "máis completo" en función dos traballos que presente, e o Premio Paco Sancho, que recoñecerá a mellor reportaxe ou a mellor crónica elaborada por un xornalista menor de 25 anos.
Para participar nestes galardóns é preciso enviar os traballos a Miguel Ángel Jimeno (txe.majblog@gmail.com antes do 9 de febreiro. Poden enviar páxinas ou direccións de internet, tanto persoas individuais, medios ou institucións. Os candidatos poden presentar todos os textos que desexen.
Máis información nas bases do premio.