XIX Premio Internacional de Xornalismo Mare Nostrum Awards

Do ao

Información de contacto:

mna@grimaldi.napoli.it

Grimaldi Magazine Mare Nostrum convoca a décimo novena edicion do Premio Internacional de Xornalismo Mare Nostrum Awards co fin de se adaptar á evolución do contexto mundial do transporte e á sensibilidade medioambiental. O premio recoñece traballos que promovan o coñecimento das Autopistas do Mar como alternativa sustentábel, promocionen o transporte marítimo no Mediterráneo con fins turísticos ou poñan de manifesto os beneficios para a saúde do ecosistema mariño xerados polos emprendedores marítimos.

Poden participar xornalistas profesionais e publicistas, fotógrafos, videastas e autores en xeral que cubrisen os temas descritos entre o 15 de setembro de 2025 e o 15 de abril de 2027. A participación no concurso está aberta a autores residentes en Europa e Tunes, que poden presentar as súas obras en italiano, inglés, español, catalán, francés ou grego.

Os premios concederanse a reportaxes xornalísticas, documentais, reportaxes televisivas ou radiofónicas, reportaxes fotográficas, así como a investigacións económicas ou turísticas que, a xuízo do xurado, coincidan cos obxectivos fundacionais do Premio. Non se terán en conta os traballos que consistan en entrevistas cun único interlocutor.

Os participantes deberán enviar os seus traballos, cunha carta de presentación asinada, á Secretaría de Organización do Premio, en formato dixital (arquivo Word) e orixinal, por correo electrónico á seguinte dirección: mna@grimaldi.napoli.it antes do 20 de abril de 2027.