XIX Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica
Do ao
Información de contacto:
Deputación da Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15003 A Coruña
A Deputación da Coruña convoca a décimo novena edición do premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica. Estabelécese un premio único dotado con 6.500 euros.
As fotografías deberán compoñer unha serie dun mínimo de seis e un máximo de doce, en formato de 30 x 40 cm. As copias deberán entregarse sen tipo ningún de montaxe ou enmarcado, en color ou branco e negro e inscribiranse no campo do fotodocumentalismo, fotoxornalismo ou reportaxe en xeral. Non serán admitidas imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital.
As obras deben enviarse, baixo o sistema de plica á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña entre o 10 de febreiro e rematará as 14:00 horas do 30 de maio de 2025, indicando no sobre XIX Premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica.
Máis información nas bases do premio.