XL Premio de Xornalismo Cirilo Rodríguez
A Asociación de Periodistas de Segovia convoca a XL edición do Premio en memoria de Cirilo Rodríguez, que recoñece a xornalistas que realizan o seu labor fóra de España, moitas veces en escenarios de conflitos bélicos ou en situacións de risco.
O galardón está dotado con 8.000 euros para o gañador e 2.000 euros para cada un dos dous finalistas, ademais dunha obra da Real Fábrica de La Granja representativa del galardón, ‘La Lente de la Tierra’, para cada unha das persoas premiadas.
O prazo de presentación das candidaturas expira o 14 de abril de 2025. As candidaturas deberán ser enviadas á dirección de correo electrónico: apsegovia@fape.es.
Máis información nas bases do premio.