XLIV Premio Internacional de Xornalismo Julio Camba

Do ao

Afundación convoca a XLIV edición do seu Premio de Xornalismo Julio Camba para artigos escritos en castelán, dotado con 10.000 euros. Poderanse presentar artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión.

Só se permite achegar un texto por persoa que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. A extensión máxima é de dúas páxinas no caso de edicións impresas e o seu equivalente para as edicións en dixital. O prazo de presentación dos traballos rematará o 30 de xuño de 2023.

Os traballos deberán remitirse ao correo electrónico premios@afundacion.org, indicando no asunto "Premio Internacional Afundación de Periodismo JULIO CAMBA".

Máis información nas bases do premio.