XLVI Premio Internacional de Xornalismo Julio Camba
Do ao
Afundación convoca a XLVI edición do seu Premio de Xornalismo Julio Camba para artigos escritos en castelán, dotado con 10.000 euros para o traballo gañador e 2.000 para os dous finalistas. Poderanse presentar artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión.
Só se permite achegar un texto por persoa que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de traxectoria consolidada, entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025. A extensión máxima é de mil duascentas palabras. O prazo de presentación dos traballos rematará o 10 de setembro de 2025.
Os traballos deberán presentarse cumplimentando o formulario accesible na rede.
Máis información nas bases do premio.