Xornalismo de investigación en Europa: Compartir experiencias

Do ao

Horario: Mércores 13, 20 e 27 de outubro de 2021

Información de contacto:

nisrine.salameh@ifj.org

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) organiza o seminario online gratuíto Xornalismo de investigación en Europa: Compartir experiencias, que se vai desenvolver os mércores 13, 20 e 27 de outubro de 2021, con sesións dun máximo de dúas horas.

No programa participarán algúns dos xornalistas máis significativos de Europa, como profesionais que traballaron nos papeis de Panamá, xornalistas de investigación da emisora pública belga RTBF e o xornal Le Soir, comunicadores de Irlanda do Norte que enfrontan ameazas e outros que analizarán historias de interese programas de investigación de Austria, España. Reino Unido e Irlanda.

As prazas son limitadas e, para asistir, as persoas interesadas deben enviar un mail co seu nome, o medio ou medios nos que traballan e o seu papel nos mesmos a nisrine.salameh@ifj.org antes do 4 de outubro.

Máis información aquí