XVI Premio Internacional de Xornalismo Julio Anguita Parrado

Do ao

Información de contacto:

Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado
Sindicato de Periodistas de Andalucía
Calle Hileras, 1. 3º F
18001 Granada-España
comunicacion@spandalucia.com

O Sindicato de Periodistas de Andalucía (SPA) convoca o XVI Premio Internacional de Xornalismo Julio Anguita Parrado, en memoria do xornalista cordobés falecido o 7 de abril de 2003 na guerra de Irak. O galardón conta co patrocinio do Concello de Córdoba, a Universidade de Córdoba, a Junta de Andalucía, a Escuela de Joyería de Córdoba e o Parque Joyero de Córdoba.

O galardón está dotado con 2.500 euros. As candidaturas deben enviarse por vía postal a Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado. Sindicato de Periodistas de Andalucía. Calle Hileras, 1. 3º F. 18001 Granada-España ou por correo electrónico a comunicacion@spandalucia.com, indicando no asunto o nome do candidato e as palabras Premio Julio. acompañadas de memoria motivada, e do currículum da persoa candidatada, antes do 3 de marzo de 2023.

Máis información das bases da convocatoria.