XVI Premios Xornalísticos da Asociación de Periodistas Agroalimentarios
A Asociación de Periodistas Agroalimentarios convoca a décimo sexta edición dos seus premios xornalísticos, aos que poden optar todos os xornalistas que desenvolvan a súa actividade profesional en medios españois.
Os premios teñen catro categorías, cada unha delas dotada cun premio de 1.000 euros: unha xeral, para o mellor texto con temática sobre a produción (agricultura, gandaría, pesca, insumos…), a industria, o transporte ou a distribución alimentaria; unha de "Froitas e Hortalizas", para o mellor artigo con temática específica deste sector; a categoría "Innovación", para artigos ou reportaxes xornalísticas cuxa temática xire en torno á aplicación das novas tecnoloxías no sector agrario; e a categoría "Sustentabilidade agroalimentaria", cuxos traballos deberán ter como tema a sustentabilidade dentro do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, social ou ambiental.
Poderá presentarse un único traballo xornalístico, columna, artigo, crónica, entrevista, reportaxe, etc. por persoa, difundido en español e que fora publicado en calquera medio de comunicación español entre o 25 de agosto de 2025 e o 23 de agosto de 2026. Os traballos orixinais, copias da publicación ou artigos en internet -co hipervínculo correspondente-, deberán ser enviados antes das 23:59 do 23 de agosto de 2026 por correo electrónico, xunta á ficha de admisión, á seguinte dirección: apae@apae.es.
Máis información nas bases dos premios.