XVIII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

Do ao

Información de contacto:

Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26
36202 Vigo
premios@afundacion.org

Afundación convoca a XVIII edición do Premio Fernández del Riego para textos realizados en galego.

A esta nova convocatoria poden presentarse unicamente artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, cunha extensión máxima de dúas páxinas no caso de edicións impresas e o seu equivalente para as edicións en dixital.

Só se permite achegar un texto por persoa que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. O prazo de presentación dos traballos rematará o 30 de maio de 2022.

Os traballos deberán remitirse ao correo electrónico premios@afundacion.org, indicando no asunto "Para o Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego", ou á Sede Afundación, na rúa Policarpo Sanz, 26 - 36202, Vigo, nun sobre pechado e indicando no exterior "Para o Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego".

Máis información nas bases dos premios.