XX Premio Diario Madrid de Xornalismo e Comunicación
Do ao
Os promotores da Fundación Diario Madrid convocan a XX edición do Premio Diario Madrid de Xornalismo e Comunicación. A finalidade do Premio é o recoñecemento das mellores achegas xornalísticas en medios escritos, sonoros ou audiovisuais, así como a posta en valor daquelas traxectorias máis comprometidas coas liberdades.
As asociacións, grupos, fundacións, empresas, departamentos ou facultades universitarias de Xornalismo e Comunicación poderán presentar candidaturas, que tamén se aceptarán avaladas só a título individual, até o 7 de xuño, por correo postal dirixidas á Fundación Diario Madrid na Calle Larra, número 14, 28004 Madrid, ou por correo electrónico a info@diariomadrid.net.
O premio está dotado coa cantidade de 12.000 euros e un baixorrelevo en bronce obra do escultor Julio López Hernández.
Máis información nas bases do premio.