XXI Premio de Xornalismo Cidade de Badajoz ‘Francisco Rodríguez Arias’

Do ao

O Concello de Badajoz convoca o XXI Premio de Xornalismo Cidade de Badajoz co obxectivo de recoñecer os mellores traballos de calquera xénero xornalstico escritos en español que foran publicados en medios de comunicación impresos ou dixitais, a excepción de radio e televisión, e editados en calquera lugar do mundo entre o 16 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024. O premio está dotado con 6.000 euros. 

A temática dos traballos é libre. A dotación do galardón repartirase entre un primeiro premio de  4.000 euros e un segundo de 2.000 euros.

O prazo límite para a recepción dos traballos expira ás 23:59 horas do 9 de setembro de 2024. A inscripción deberá realizarse de maneira virtual, a través da plataforma Mundo Arti. Os traballos presentaranse en formato pdf, acompañados dunha ficha técnica e os datos persoais do autor.

Máis información nas bases do premio