XXII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego
Do ao
Información de contacto:
Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26
36202 Vigo
Afundación convoca a XXII edición do Premio Fernández del Riego para textos realizados en galego. A esta nova convocatoria poden presentarse unicamente artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, cunha extensión máxima de mil duascentas palabras.
Só se permite achegar un texto por persoa que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras de consolidada traxectoria entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. O prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de xuño de 2025.
Os traballos deberán remitirse a través do formulario web habilitado por Afundación.
Máis información nas bases dos premios.