XXIV Premio de Xornalismo Francisco Valdés

Do ao

Información de contacto:

Ayuntamiento de Don Benito
Plaza de España, 1.
06400, Don Benito, Badajoz
premiofranciscovaldes@donbenito.es.

O Concello de Don Benito convocou o XXIV Premio Nacional de Xornalismo Francisco Valdés para recoñecer traballos xornalísticos, escritos en castelán, de temática cultural ou social.

O galardón establece dúas modalidades, unha para traballos publicados en medios de comunicación impresos ou dixitais ao longo de 2022 e outra para estudantes de xornalismo ou comunicación que presenten traballos escritos ou audiovisuais, inéditos ou presentados en facultades españolas ou en calquera medio de comunicación durante 2022. 

Os traballos deben presentarse antes das 14:00 horas do 12 de marzo de 2023, por correo electrónico a premiofranciscovaldes@donbenito.es no caso dos traballos escritos e por correo postal ou no rexistro do Concello de Don Benito (Plaza de España, 1, 06400, Don Benito, Badajoz) no caso dos audiovisuais. Xunto cos traballos ten que remitirse tamén o formulario de participación dispoñíbel na web do premio.

Máis información nas bases do premio.