XXIV Premio Xornalístico Albarelo
Do ao
Información de contacto:
Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña
659 961 662
prensa@cofc.es
O Colexio de Farmacéuticos da Coruña convoca este ano a vixésimo ciarta edición do seu Premio Xornalístico Albarelo, que aspira a fomentar a elaboración e difusión de traballos xornalísticos relacionados coa saúde e, en concreto, con calquiera das facetas do traballo profesional do farmacéutico.
Poderán optar ao mesmo todos os traballos xornalísticos difundidos por primeira vez entre o 1 de xullo de 2023 e o 31 de decembro de 2024 emitidos nos medios de comunicación de ámbito galego ou nacional, tanto escritos –soporte papel ou dixital– como radiofónicos ou audiovisuais. Como novidade, ábrense as candidaturas ao premio a creadores de contido sanitario divulgativo que presenten traballos, ou conxuntos de traballos, difundidos en blogs ou perfís nas diferentes redes sociais como Instagram, Facebook e Youtube.
Os autores que desexen participar no premio deberán enviar unha copia publicada da obra ao Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña (Rego de Auga, 29-4º - 15001 A Coruña) especificando no sobre "24º Premio Periodístico Albarelo", e introducindo un escrito cos seus datos persoais e un breve curriculum vitae que non exceda de 70 palabras, aínda que se o desexan poden acompañalo con outro curriculum vitae máis extenso con fins informativos. O prazo para recibir orixinais remata o 31 de decembro de 2024.
Estabelécese un primeiro premio de 3.000 € para o traballo máis destacado a xuízo do xurado e dous segundos premios de 1.000 € cada un dos dous finalistas.
Máis información na web do Colexio de Farmacéuticos.