XXIV Premios Xornalísticos Ecovidrio
Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro en España, convoca a XXIV edición dos seus Premios Xornalísticos, que buscan recoñecer o labor medioambiental dos xornalistas e medios de comunicación.
Poderanse presentar traballos (artigos, reportaxes, vídeos, infografías, fotografías, aplicacións, posts, tuits e campañas dixitais), publicados entre o 1 de setembro de 2022 e o 28 de xuño de 2023, inscribíndose a través da páxina web antes do 15 de novembro de 2023 ás 23.59 horas. O galardón está dotado con 5.000 euros para o ganador de cada candidatura en dúas categorías: Prensa e Audiovisual.
Máis información nas bases do premio.