XXVII Premio de Xornalismo Francisco Valdés
Do ao
Información de contacto:
Ayuntamiento de Don Benito
Plaza de España, 1.
06400, Don Benito, Badajoz
premiofranciscovaldes@donbenito.es.
O Concello de Don Benito convocou o XXVII Premio Nacional de Xornalismo Francisco Valdés para recoñecer traballos escritos en castelán de calquera xénero xornalístico.
O galardón establece dúas modalidades, unha para traballos publicados en medios de comunicación impresos ou dixitais ao longo de 2025, cun premio de 5.000 euros e dous accésits de 1.500, e outra para traballlos escritos de estudantes de xornalismo ou comunicación, presentados en facultades españolas ou en calquera medio de comunicación durante 2025, dotada con 1.000 euros.
Os traballos deben presentarse antes das 23:59 horas do 15 de marzo de 2026, por correo electrónico a premiofranciscovaldes@donbenito.es. Xunto cos traballos ten que remitirse tamén o formulario de participación dispoñíbel na web do premio.
Máis información nas bases do premio.