XXVII Premios Xornalísticos Ecovidrio
A Sociedade Ecolóxica para o Reciclado dos Envases de Vidro (Ecovidrio), convoca a vixésimo sétima edición dos seus Premios Xornalísticos, que buscan recoñecer a xornalistas que contribúan ao incremento da sensibilización da cidadanía no ámbito do ambiente, sustentabilidade, economía circular e reciclaxe en xeral.
Poderanse presentar traballos (vídeos, audios radiofónicos, podcast, infografías, fotografías ou outro tipo de imáxes), publicados entre o 29 de xuño de 2025 e o 30 de xuño de 2026, inscribíndose a través da páxina web antes do 13 de outubro de 2026 ás 23.59 horas. O galardón está dotado con 5.000 euros para o ganador de cada candidatura en dúas categorías: Prensa e Audiovisual.
Máis información nas bases do premio.