XXX Premio de Xornalismo Europeo “Salvador de Madariaga”
Do ao
Información de contacto:
Representación de la Comisión Europea en España
Departamento de Prensa
Paseo de la Castellana, 46
28046 Madrid
A Representación da Comisión Europea en España e a Asociación de Xornalistas Europeos, co apoio da Oficina de Información do Parlamento Europeo en España e o patrocinio de Iberdrola convocan a XXX edición do Premio de Xornalismo Europeo Salvador de Madariaga.
O galardón ten como obxectivo recoñecer o labor dos xornalistas dos medios de comunicación españois que, nos 5 anos anteriores á data de publicación da presente convocatoria, contribúan -dentro dalgunha destas tres categorías: prensa escrita, radio e televisión- a mellorar o coñecemento da integración europea e das políticas europeas.
Poderán presentar as candidaturas persoas ao servizo ou en representación de asociacións de xornalistas, medios de comunicación, facultades e escolas de xornalismo, así como profesionais das humanidades e das ciencias sociais. Poderán presentarse candidaturas en nome de terceiros.
As candidaturas deberán presentarse antes das 20:00 horas do 20 de febreiro por correo ou por servizo de mensajería, ou entregarse en man no seguinte enderezo: Representación de la Comisión Europea en España. Departamento de Prensa. Paseo de la Castellana, 46. 28046 Madrid, indicando a referencia "Premio de Periodismo Europeo «Salvador de Madariaga» 2024 COMM/MAD/2024/01", usando o formulario disponíbel na web.
Máis información e formularios na web do premio.