XXX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

Do ao

Información de contacto:

Concello de Lalín
Praza de Galicia, nº1
36500 Lalín
premiocunqueiro@lalin.gal

O Concello de Lalín convocou unha nova edición do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, co que pretende fomentar a difusión da cociña galega e premiar o labor realizado por xornalistas e escritores que prestan especial atención a este tema.

O galardón premiará con 4.000 euros o mellor traballo xornalístico presentado entre todas as categorías que se presenten, e con outros 1.000 euros ao mellor traballo académico -prensa, radio, televisión e web- dedicado á gastronomía presentado por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual.

As propostas deberán remitirse en formato dixital ao correo electrónico premiocunqueiro@lalin.gal ou en soporte CD ou DVD á dirección postal do Concello de Lalín (Praza de Galicia, nº1, 36500-Lalín). O prazo para a presentación dos traballos ábrese o día que se publiquen as bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e finaliza o 5 de xaneiro de 2024. 

Máis información aquí.