XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

Do ao

Información de contacto:

Concello de Lalín
Praza de Galicia, nº1
36500 Lalín
premiocunqueiro@lalin.gal

O Concello de Lalín convocou unha nova edición do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, co que pretende fomentar a difusión da cociña galega e premiar o labor realizado por xornalistas e escritores que prestan especial atención a este tema.

O galardón premiará con 4.000 euros o mellor traballo xornalístico presentado entre todas as categorías que se presenten, e con outros 1.000 euros ao mellor traballo académico -prensa, radio, televisión e web- dedicado á gastronomía presentado por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual.

As propostas deberán presentarse na sede electrónica do Concello de Lalín, instancia xeral; indicando na solicitude “PARA O PREMIO DE XORNALISMO GASTRONÓMICO ÁLVARO CUNQUEIRO” así como a categoría á que concorre (xornalística ou académica). No caso de libros ou outro soporte que así o permita tamén poderán presentarse de forma física a través do Rexistro Xeral do Concello de Lalín ou en soporte CD ou DVD á dirección postal do Concello de Lalín (Praza de Galicia, nº1, 36500-Lalín). O prazo para a presentación dos traballos manterase aberto ata o 27 de xaneiro de 2025. 

Máis información aquí.