XXXII Premio de xornalismo 'Xosé Aurelio Carracedo'

Do ao

A Deputación de Ourense convoca o XXXII premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", consistente nun premio de 3.000 euros para a mellor traxectoria e 1.500 euros para a mellor peza xornalística. Ao galardón poden optar todos os profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos, audiovisuais ou dixitais. 

Os traballos ou conxuntos de traballos que participen no concurso terán que estar publicados en medios de comunicación galegos ou noutros medios de comunicación, pero deberán referirse a Galicia. No caso de premio para un traballo xornalístico terán que ter sido publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

O xurado do premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo" estará presidido polo presidente da Diputación de Ourense ou por unha persoa na que delegue a devandita responsabilidade. Como vocais, haberá representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a Federación de Asociacións de Xornalistas, a facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, e de ciencias sociais e comunicación da Universidade de Vigo. O secretario, que terá voz pero non voto, será o asesor de comunicación da deputación de Ourense.

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o próximo 30 de xuño. As propostas presentaranse exclusivamente a través da páxina web da Deputación de Ourense.

Máis información nas bases do premio.