XXXIII "Premios da enerxía" para traballos xornalísticos
O Club Español de la Energía convoca a XXXIII Edición dos "Premios da enerxía" dirixida a xornalistas, comunicadores e medios de comunicación que desenvolvan traballos no ámbito enercético co fin de favorecer e promover o mellor coñecemento e desenvolvemento deste sector así como a súa incidencia social e económica en España.
Poden participar traballos xornalísticos publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 en medios impresos, televisión, radio, medios dixitais, blogues ou redes sociais, que optarán a nove categorías: Economía Circular, Enerxía Sustentábel e Competitiva, Enerxía do Futuro, Enerxía Eléctrica, Enerxías Renovábeis, Gas, Infraestructuras Enercéticas Sustentábeis, Mellor Iniciativa con Impacto no Cidadán e Sustentabilidade Enerxética. Ademais, concederase o Premio Victoriano Reinoso "Enerxía e sociedade" a unha persoa física ou grupo de persoas en recoñecemento á súa traxectoria para o desenvolvemento e coñecemento da enerxía en España.
Outorgarase un premio para cada categoría que consistirá nun trofeo conmemorativo e, no caso de persoas físicas, estará dotado con 6.200 euros. Non existirá dotación económica no caso de que algún dos premiados sexa unha persoa xurídica, nin tampouco no caso dos galardoados co premio Victoriano Reinoso "Enerxía e Sociedade".
Pódense enviar candidaturas ao correo electrónico organizacion@enerclub.es até as 24 horas do día 15 de marzo de 2023.