XXXIV Premio de xornalismo 'Xosé Aurelio Carracedo'
Do ao
Información de contacto:
988 317 591
A Deputación de Ourense convoca o XXXIV premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", en cuxo xurado participa o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O galardón estabelece dúas categorías: un Premio Honorífico á traxectoria profesional e un Premio ao mellor trabajo xornalístico, ademais dun accésit ao segundo traballo mellor valorado.
O premio honorífico á traxectoria profesional consiste nun diploma acreditativo en recoñecemento ao labor xornalístico desenvolvido pola persoa gañadora. Serán tidos en conta especialmente os vencellos persoais ou profesionais con Galicia, de modo particular coa provincia de Ourense. As candidaturas poderán ser presentadas polos membros do xurado e por institucións, asociacións ou colectivos de calquera ámbito (económico, social, cultural ou deportivo, etc.).
O premio ao mellor traballo xornalístico ten unha dotación económica de 4.000 euros e diploma acreditativo, e concederase á persoa autora ou persoas autoras dun traballo en calquera soporte (papel, radio, televisión, fotografía, dixital) e modalidade (reportaxe, crónica, artigos...), cuxa temática estea relacionada con Galicia e de modo particular coa provincia de Ourense. Estabelécese tamén un accésit ao segundo traballo mellor valorado, dotado con 1.000 euros e un diploma acreditativo. Valorarase de xeito positivo a realización e presentación de traballos en lingua galega
O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o próximo 31 de marzo. A presentación de candidaturas pode facerse, , conforme cos modelos anexos ás bases, de maneira presencial, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es.
Máis información nas bases do galardón. A Deputación habilita tamén o teléfono 988 317 591 para resolver dúbidas.