XXXIX Premio Francisco Cerecedo

Do ao

Información de contacto:

Calle Cedaceros, 11 - 3º F
28014 Madrid
info@apeuropeos.org

A Asociación de Xornalistas Europeo convoca a XXXIX edición do Premio Francisco Cerecedo, co obxectivo de destacar as traxectorias persoais ou traballos xornalísticos que merezan esa honra polo seu talento, orixinalidade, capacidade de transgredir as presións e influencias dos poderes e impulso á liberdade de expresión.

As asociacións de xornalistas, os medios de comunicación, as facultades e centros de formación de xornalistas e os profesionais e afeccionados do mundo da Comunicación e as Humanidades poden enviar até o 11 de xullo de 2022 propostas de candidatos por correo certificado, ou en man, ao enderezo Calle Cedaceros, 11 - 3º F, 28014, de Madrid, ou por corrreo electrónico a info@apeuropeos.org. As candidaturas deben incluír a proposta motivada por parte da institución ou persoa propoñente e un curriculum vitae do candidato ou candidatos.

O premio está dotado con veinticuatro mil euros e unha medalla deseñada polo escultor Julio López Hernández.

Máis información nas bases do premio.