Oferta de traballo para xornalistas
Produtora audiovisual busca xornalista para traballar como reporteira ou reporteiro na televisión.
Produtora audiovisual busca xornalista para traballar como reporteira ou reporteiro na televisión.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia convoca, en colaboración con Gadis, a terceira edición do premio 'Somos Esenciais', dotado con 1.500 euros. Este ano a temática amplíase e, baixo o lema A información ao servizo da xente, ábrese a xornalistas e fotoxornalistas que publicaran información de temática social en Galicia no último ano. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata as 14.00 horas do xoves 27 de abril de 2023.
O pasado sábado 25 de febreiro tivo lugar en Santiago a XXII Asemblea Xeral do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, na que se fixo un repaso da actividade realizada en defensa da profesion ao longo do ano e foron aprobados os orzamentos e o plan de traballo do Colexio para o 2023.
Ata o mércores 22 está aberto o prazo para apuntarse ao webinar De Ana Orantes a Diana Quer e mentres tanto A manada, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e impartido por Isabel Menéndez, que se realizará o 25 de marzo, en horario das 11.00 ás 13:00 horas, a través da plataforma de formación online. Tamén continúa aberta a inscrición nos webinars sobre tratamento do suicidio (22 de abril, con Gabriel González) e información relativa a menores (3 de xuño, con Elena López) e a posibilidade de asistir aos tres con prezo reducido.
Media Freedom Rapid Response, unha alianza europea dedicada e reaccionar ante as violacións da liberdade de prensa, pon en marcha un programa para dar apoio a xornalistas que sofren ataques ou ameazas, con axudas de caracter temporal de apoio legal, económico, loxístico, psicolóxico e de acollemento temporal. Poden presentarse xornalistas e traballadores de medios dos Estados membros da Unión Europea, así como dos países candidatos a entrar na Unión.
Tres candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, na súa décimo novena edición: Mònica Bernabé, xornalista destacada polo seu traballo en Afganistán; Marcos Méndez, freelance nado en Lugo que cubre a guerra de Ucraína en galego; e Reporteiros Sen Fronteiras, a ONG internacional de orixe francesa que defende a liberdade de prensa.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia anuncia a súa oferta formativa para os próximos meses, que consta dos webinars De Ana Orantes a Diana Quer e mentres tanto A manada, impartido por Isabel Menéndez (25 de marzo), Informar sobre suicidio: cando, como e para que, por Gabriel González (22 de abril), e A información relativa a menores no Protocolo de Comunicación do Ministerio Fiscal en Galicia, por Elena López (3 de xuño). Os cursos realizaranse en sábado, en horario das 11.00 ás 13:00 horas, a través da plataforma de formación online do CPXG, pode asistirse a eles tamén de maneira diferida, e teñen prezo reducido para as colexiadas e colexiados que se apunten aos tres.
A xornalista María Pardo, xefa do gabinete de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, foi a convidado este xoves de Aprendamos a ler a información, o programa organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinado pola Fundación "la Caixa", que pretende ser unha ferramenta de apoio á reinserción da poboación reclusa feminina do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar a través de diálogos sobre a actualidade e a súa cobertura nos medios de comunicación. A xornada estivo centrada na información xudicial e o seu traslado aos medios de comunicación.
Tras cinco anos de espera, o Tribunal Constitucional vén de emitir o seu veredito sobre o artigo da Lei Xeral da Comunicación Audiovisual de 2010 que permitía as emisoras radiofíonicas o libre acceso aos estadios pagando unicamente unha compensación polo uso das instalacións. A sentenza estabelece que a norma perseguía unha finalidade lexítima, ao buscar garantir o dereito á información consagrado na Constitución.
Ás 14:00 horas do vindeiro luns 27 de febreiro remata o prazo para enviar candidaturas á XIX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol.