En marcha o programa de subvencións 'Medios Locais para a Democracia'
A Federación Europea de Xornalistas, xunto a outras organizacións profesionais, vén de pór en marcha Medios Locais para a Democracia, un programa piloto de financiamento para os medios locais, rexionais e comunitarios que se esforzan por informar nos chamados “desertos de noticias” de Europa.