Matan dous profesionais dos medios de comunicación e secuestran outros dous en Bagdad
Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) tivo coñecemento da morte de dous xornalistas iraquís, que foron branco de grupos armados en Iraq. Estes asasinatos elevan a 155 o número de profesionais dos medios de comunicación mortos en Iraq desde o comezo do conflito, en marzo de 2003.