PSOE TV emite un vídeo sobre a manipulación en Telemadrid
O PSOE incluíu na súa canle de televisión vía internet un vídeo que denuncia a manipulación en Telemadrid. O documento foi elaborado polos propios traballadores do ente público madrileño e presentouse ante unha comisión do Parlamento Europeo o pasado 27 de marzo, para completar os informes cos que o Comité de Empresa trata de demostrar a "censura" e a "tendenciosidade" da dirección da cadea.