Javier Pons proponse "contribuír a enriquecer a vida dos españois" desde TVE
Javier Pons tomou posesión como novo director de TVE en substitución de Manuel Pérez Estremera. Pons, electo polo primeiro Consello de Administración da nova Corporación RTVE que preside Luis Fernández, se confesou "fillo de TVE". "Medrei e fíxenme persoa vendo esta televisión", sinalou.