A Audiencia Nacional ordena a busca e captura dos militares imputados pola morte de José Couso
O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz volveu a ordenar hoxe a captura dos militares imputados pola morte do cámara de Tele 5 José Couso o 8 de abril de 2003 en Iraq. Pedraz reactivou o caso Couso coa petición de busca e captura internacional, a efectos de extradición, dos os tres sodados estadounidenses que dispararon aquel día contra o hotel Palestina de Bagdade, onde se encontraban os xornalistas que cubrían a guerra de Iraq.