A Corporación de RTVE aproba unha ampliación de capital por valor de 1.510 millóns de euros
A Corporación RTVE aprobou unha ampliación de capital por valor de 1.510 millóns de euros, mediante a emisión de 302 millóns de accións cun valor nominal de cinco euros, segundo informou a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). Como resultado desta ampliación de capital, a Xunta Xeral da Corporación aprobou tamén modificar os seus estatutos. As accións serán subscritas polo ente público, que desembolsará integramente o seu importe a través da achega dos seus activos e pasivos por igual contía.