Reporteiros sen Fronteiras reclama de novo a liberdade de Sami Al-Haj
O 11 de xaneiro de 2002 eran trasladados á base militar de Guantánamo (este de Cuba) varios centos de individuos, capturados polo exército norteamericano na operación 'liberdade duradeira', en Afganistán. Esa data marcou a apertura dun auténtico gulag tropical que recibiría ata 770 presos, entre os que se encontra o camarógrafo sudanés da canle qatarí Al-Jazira Sami Al-Haj, quen permanece detido sen cargos desde o 13 de xuño de 2002.